Dit zijn de artikelen die we hebben gevonden.
Heartstopper 1: Rapaz coñece rapaz
O amor é sinxelo. Namorarse é complicado.
Por fin en galego, a novela gráfica que triunfou na rede e conquistou millóns de corazóns!
Únete ao fenómeno que inspirou a serie de Netflix.
Dous rapaces coñécense. Fan amizade. Namóranse. Por que nos empeñamos en complicar as emocións máis sinxelas?
Esta historia de amor entre dous rapaces, un deles abertamente homosexual e o outro en proceso de autodescubrimento, lembraranos que hai primeiros amores fráxiles coma o cristal e memorables coma o diamante. Cos titubeos propios de calquera amor adolescente, Heartstopper conecta coa maneira de sentir da mocidade de verdade, cunha visión aberta, natural e sensible do amor e da identidade sexual, sen perder nunca a delicadeza nin a emoción.