Estes son os artigos que atopamos.
La chica que oía canciones de Kurt Cobain
Seguro que ti tamén che vén á memoria a primavera do noventa e catro. Unha época de amizade, ilusións, primeiros amores e as decepcións máis crueis. E lembrarás como o suicidio do líder de Nirvana conmocionou o mundo da música e o truncou para sempre. Así foi tamén para min, entón vinte anos máis novo, e agora quero contarche como descubrín, entre tigretones, chicles de a duro, programas do «Un, dos, tres» e a golpe de bico e guitarra, que a vida era moito máis que unha partida de videoxogo. Quero contarche como irrumpiu na miña vida e como cambiou o meu universo a rapaza que escoitaba cancións de Kurt Cobain. Esta é a historia de como o primeiro amor pon patas arriba as pezas do noso taboleiro, de como a música alimenta o noso corazón e deses recordos que volven a visitarnos cando menos o esperamos. É a novela musical que entre cómplices e referencias homenaxea dúas épocas, a actual e os anos noventa, e que te levará de regreso a un momento vital irrepetible, embeb